Etiquetas

lunes, 6 de noviembre de 2017

MENSAXE MISTERIOSA

 
Na clase dos caracois María trouxo resolta a mensaxe misteriosa coa xuda da súa nai. Tratábase dunha palabra "NADANDO" que estaba escrita con código de bandeiras. Despois todos xuntos coa axuda da PDI tamén puidemos resolver a mensaxe.

 https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj4MgNdGTSLRbz5LvFHiZYghdOMovifUOKQQzDP1eYORl2qDQ-xRq5nkGMGuv-9ei-pe5qLBuarXP9GBf3nTxEVhiHuIj-Vw6pdLMPrGVI4rOMbuhUlxWCo3PwcyijQfdW1gDNrelbfhyphenhyphenRe/s640/C%C3%B3digo+sinais+m_sinais_01.gif



Púxemos a  palabra "NADANDO"  no ordendor e atopamos isto:



ALÉN DO MAR!!!!

NA BIBLIOTECA GÜINO TÍÑANOS UNHA SORPRESA,  PEDIUNOS QUE INVESTIGÁSEMOS ALGO E PARA ISO DEUNOS UNHA BOTELLA CUNHA MENSAXE MISTERIOSA. QUE SERÁ?


A MARÍA  E LEO RECOLLERON A BOTELLA COA MENSAXE MISTERIOSA






PROTECCIÓN CIVIL

Este ano voltou Protección Civil para lembrarnos o que temos que facer en caso de emerxencia e introducirnos na técnica de reanimación cardiopulmonar(RCP), coa axuda dos peluches que levamos a clase. Aprendimos unha canción e moitas cousas novas. Moitas grazas a Fran e a Sara.








ANIVERSARIOS OUTUBRO

Seguimos medrando no mes de Outubro estiveron de aniversario Carlos e Gabriel que non puido estar porque estaba maliño, na clase dos caracois. Na clase das formiguiñas estiveron Martín e Claudia.

Pásamolo xenial!!!


domingo, 5 de noviembre de 2017

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Como cada curso as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina polas casas dos nosos caracois e das nosas formiguiñas. Espero que pasedes un bo rato en familia vendo os seus contos e escoitando as súas cancións.





OS MAIORES LENNOS UN CONTO

Como cada ano os nenos maiores veñen os xoves na "Hora de ler" a contarnos un conto, mirade que atentos estamos.