Etiquetas

martes, 30 de mayo de 2017

PARABÉNS LEO DAPORTA

No mes de maio celebramos o aniversario Leo D. que xa ten 4 añiños. Pasámolo xenial.

REPRESENTACIÓN DA LENDA DO RÍO EUME

O luns 29 os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha representación da lenda do nacemento do río Eume.
Previamente nas aulas fixemos o decorado, quedounos super bonito!







Ensinámosvos agora algunhas fotos da representación.







Nos próximos días colgaremos o vídeo para que vexades o ben que o fixemos!

CONCERTO DIDÁCTICO

O xoves 25 as formiguiñas e os caracois asistimos a un concerto no cole! Cun piano, un violín e un violonchelo a mamá de Iago (2º de EP), a mamá de Adriana (Clase dos Ciclistas) e de Nicolás (Clase dos Caracois) tocáronnos unhas cancións super bonitas: "La bella y la bestia", "Toy Story", "Star Wars"...

Pasámolo xenial!
Moitas grazas!









viernes, 26 de mayo de 2017

PARABÉNS LUCÍA, ANTÓN E ADRIANA!

Hoxe celebramos o cumple de Lucía, Antón e Adriana.
A tarta que nos trouxeron estaba riquísima.

Moitas gracias!












SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE O CORPO

Esta semana resolvimos unha serie de casos a través dos sentidos. Unha das actividades que fixemos foi identificar olores cun xogo que nos trouxo Nico.
Pasámolo moi ben!






domingo, 21 de mayo de 2017

CERTAME DE POESÍA

Este venres celebramos o IX Certame de Poesía no cole. Os nenos e nenas de Infantil recitamos un poema sobre a arte. Como o fixemos moi ben Güino regalounos un montón de contos para as nosas aulas!
Moitas grazas Güino!!







martes, 16 de mayo de 2017

AS LETRAS GALEGAS

Cada 17 de maio Galicia honra as súas letras e a súa lingua. Este ano homenaxeamos a Carlos Casares. Para elo as Formiguiñas formamos o seu nome:





















Despois escoitamos unha cantiga sobre a súa obra: "A Galiña Azul"





E ata debuxamos unha Galiña Azul!