Etiquetas

jueves, 23 de febrero de 2017

QUE ROMEIROS MÁIS GUAPOS!





Mañá ás 10:00 sairemos do cole para o pasarrúas. Pasaremos por Galera-Lombardero-Fonte do Pilón-Praza Real-Praza de España-Saavedra Meneses-Peirao-Pavillón.

Recordámosvos que o acceso ao pavillón para as familias será pola Avenida de Ferrol, polo que recomendamos que vos despidades dos nenos e nenas no Peirao.

Ás 10:30 será a chegada ao pavillón e o comezo das actuacións.

As horas establecidas son orientativas podendo sufrir algunha variación.

Lembrade non darlles ningunha comida nin bebida aos nenos e nenas durante o pasarrúas, xa que hai casos de alerxias e intolerancias no centro. Lembrade tamén non marchar con ningún neno ou nena sen avisar á titora responsable.

Grazas pola vosa colaboración! 


miércoles, 22 de febrero de 2017

4º MANDADIÑO

E para rematar o esqueleto Manolo pídenos que nos disfracemos de ROMEIROS!!!


 

CUARTO MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO

Por fin descubrimos o último mandadiño do esqueleto Manolo!

"E SE O XOVES QUERES SER UN BO ROMEIRO,
SÓ CHE FALTA O SOMBREIRO"




Vémonos o ano que ven Manolo!

martes, 21 de febrero de 2017

TERCEIRO MANDADIÑO

"O MÉRCORES CUN PANO NO PESCOZO ATADO,
ESTARÁS CASE DISFRAZADO"












3º MANDADIÑO DE MANOLO


De esta vez o esqueleto Manolo nos di: " O mércores cun pano no pescozo atado, estarás case disfrazado. Xa falta menos para adiviñar de que imos vir disfrazados o xoves!!!!.

viernes, 17 de febrero de 2017

PRIMEIRO MANDADIÑO

Para a semana que ven estamos de  celebración. Esta vez tócalle o turno o Entroido e o esquelete Manolo xa nos mandou o primeiro mandadiño, o luns temos que vir cun pantalón vaqueiro. De que nos disfrazaremos o xoves, SORPRESA!!!!



DESCUBRINDO OS MANDADIÑOS DO ESQUELETO MANOLO!

Hoxe as formiguiñas visitamos ao esqueleto Manolo para descubrir o primeiro mandadiño.

"COMEZAMOS ESTE ENTROIDO FESTEIRO
CUN PANTALÓN VAQUEIRO"




miércoles, 15 de febrero de 2017

TEDDY

Na clase de inglés as formiguiñas e os caracois estamos aprendendo os números co noso amigo Teddy e coa profe Marga!
Encántannos as cancións que cantamos e bailamos!
Podedes acceder ao Blogue no enlace para escoitalas!





http://theguiris.blogspot.com.es/2017/02/numbers-these-days-our-pre-primary.html?m=1


lunes, 6 de febrero de 2017

CHEGOU O INVERNO AO COLE!!!!

Xa toca decorar o corredor con temas invernais, esta vez fixemos a decoración estampando coas nosas  mans. Os caracois e as formiguiñas fixemos uns osos polares. Mirade que chulos quedaron.










sábado, 4 de febrero de 2017

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO!!!!

XA ESTAMOS NO MES DE FEBREIRO E CON EL CHEGA O ENTROIDO. 
ESTE ANO A TEMÁTICA ESCOLLIDA POLO COLE SON "AS FRAGAS DO EUME", OS NENOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL TOCÓUNOS TRABALLAR O RÍO EUME E AS SÚAS LENDAS POLO QUE IREMOS DISFRAZADOS DE PEIXES.
 AQUÍ TEDES UN MODELO PARA QUE VOS AXUDE, O IMPORTANTE É QUE AS ESCAMAS SEXAN DE CORES SIMILARES POIS NO NOSO RÍO NON HAI PEIXES DE CORES MOI VARIADAS.
ESTAS ESTÁN FEITAS DE FIELTRO E GOMA EVA AÍNDA QUE OS MATERIAIS DEIXÁMOLOS A VOSA ELECCIÓN.
DA DECORACIÓN DA CABEZA ENCARGARÉMONOS NO COLE.
 



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

jueves, 2 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ

O LUNS 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ.
NA ENTRADA DO COLEXIO COLGAMOS A NOSA FOLLA DA PAZ E DESPOIS CELEBRÁMOLO TODOS XUNTOS NO PATIO INTERIOR.










ESE MESMO DÍA OS NENOS/AS DO 1º CICLO CONTÁRONNOS UN CONTO NA BIBLIOTECA.




miércoles, 1 de febrero de 2017

ANIVERSARIO DE DAVID

Onte celebramos o aniversario de David, tróuxonos unha tarta riquísima. 
Parabéns David e moitas grazas!


DÍA DA PAZ

O luns, día 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz. Estivemos todos xuntos no patio e vimos como liberaban unhas pombas. Tamén escoitamos unha canción de Coldplay que tocaron coa frauta os compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria.