Etiquetas

jueves, 24 de noviembre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras xa comezaron a "viaxar" na clase dos caracois. Xa a levaron Alejandro, Leo Daporta, Candela e Gabriel. A desfrutar moito dos contos "CARACOIS"





DECORACIÓN DO CORREDOR NO OUTONO



MAGOSTO E PEÓN

Os caracois pasárono xenial celebrando o magosto, comendo castañas e bebendo un rico batido de chocolate. UUUMMMMM QUE RICO!!!!

Caracol, caracoleiro

Os caracois gústanos moito esta canción sobre os caracois.

Coñecendo os caracois

Os nenos de 3 anos B escollimos como mascota os caracois, e decidimos entre todos e coa axuda das familias aprender moitas cousas sobre eles. Para iso trouxemos moitos traballiños da casa e tamén estamos aprendendo moitas cousas na clase.QUE INTERESANTEEEEE!!!!

Libro do verán

Os caracois estivemos durante varios días na asamblea vendo e contando os nosos compañeiros o ben que o pasamos no verán cos nosos amigos e coa nosa familia.

AS DISTINTAS CLASES DOS CARACOIS

Os caracois pásano pipa nas distintas clases, en informática coa profe Lorena, en psico co profe Javier e en música coa profe Lara e o mono "Corchea".

miércoles, 9 de noviembre de 2016

OLLO AO PIOLLO!

ÉSTES DÍAS DETECTÁRONSE CASOS DE PIOLLOS NAS AULAS DE INFANTIL POR FAVOR REVISADE AS CABECIÑAS DOS PEQUES.
MOITAS GRAZAS.


lunes, 7 de noviembre de 2016

ANIVERSARIOS

Os caracois xa celebramos no cole varios aniversarios e fixémolo comendo un rico biscoito e bebendo zumes. No mes de Setembro celebramos os aniversarios de Candela e de Julia.


No mes de Outubro celebramos os aniversarios de Carlos e de Gabriel. Pasámolo xenial!!!!.
 

XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA DO MAGOSTO E DO PEÓN

XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA DE COMER AS CASTAÑAS: O MAGOSTO!!!! PERO FORMIGUIÑAS E CARACOIS NON TEMOS PORTACASTAÑAS PARA COMELAS BEN A GUSTO... POR ISO PRECISAMOS UN BRICK DE ZUME, LEITE,... BEN LIMPIÑO E CORTADO POLA METADE (TODAS AS CARAS MENOS UNHA DAS MÁIS ANCHAS COMA NA FOTO) PARA PODER ENCHER DE CASTAÑAS A NOSA BARRIGOLA!!! 
TRAÉDEO CANTO ANTES PARA PODER PREPARAR TODO PARA O VENRES!

 




 







A FESTA SERÁ O VENRES 11 DE NOVEMBRO, TAMÉN FESTEXAREMOS O DÍA DO PEÓN, POLO QUE OS NENOS E NENAS PODERÁN TRAER ESE MESMO DÍA (ADEMAIS DA MANCHEA DE CASTAÑAS BELISCADAS) UN PEÓN PARA XOGAR TODOS XUNTOS NO PATIO... 

ANÍMADEVOS A VIR E A FESTEXAR CON NÓS O MAGOSTO E O PEÓN!!!!